Inés Mourenza e Sofía Mourenza lideran a destacada actuación do PortaMiñá no Campionato de España Open Absoluto

LugoXa
As nadadoras lograron varios podios en categoría Sub-20 e deixaron destacadas actuacións nunha competición disputada en Palma de Mallorca
Campionato-de-España-Open-Absoluto-CN-Portamiñá
30 Jun 2026

O Club Natación PortaMiñá de Lugo concluíu a súa participación no Campionato de España Open Absoluto celebrado en Palma de Mallorca cun balance moi positivo tras catro intensas xornadas de competición nas que os seus deportistas medíronse a algúns dos mellores nadadores do país.

Entre os resultados máis destacados sobresae a actuación de Inés Mourenza, que se converteu nunha das principais protagonistas da expedición lucense ao sumar varios metais na categoría Sub-20. A nadadora proclamouse subcampioa nos 200 metros bolboreta, proba na que tamén finalizou quinta na clasificación absoluta. Ademais, logrou a medalla de bronce nos 400 metros estilos, rematando sexta absoluta, e repetiu terceiro posto Sub-20 nos 800 metros libres, onde acadou a undécima posición na clasificación xeral.

Tamén asinou unha destacada participación Sofía Mourenza, que conseguiu subir ao podio en dúas ocasións. A deportista obtivo o bronce Sub-20 nos 200 metros estilos, cun décimo posto absoluto, e tamén o terceiro posto Sub-20 nos 200 metros braza, proba na que rematou quinta da clasificación absoluta. Ademais, foi décimo cuarta absoluta nos 50 metros braza e quedou cuarta na categoría Sub-20 nos 100 metros braza, ocupando a novena posición absoluta.

Martín Vázquez tamén deixou unha notable actuación durante o campionato, logrando a décimo sexta posición absoluta nos 100 metros bolboreta e rematando noveno nos 50 metros bolboreta. O nadador participou igualmente nas probas de 50 e 100 metros libres.

Pola súa parte, Brais Novo completou unha boa actuación nas probas de 100 e 200 metros libres, quedando moi preto de acceder ás finais tras dúas destacadas participacións.

Desde o club valoran estes resultados como o reflexo do esforzo, o traballo diario e a dedicación desenvolvida tanto dentro como fóra da piscina. A entidade tamén quixo felicitar aos deportistas e ao corpo técnico polo traballo realizado e pola representación do club nunha das competicións máis esixentes do calendario nacional.

0.10850501060486