Inés Mourenza Rocha, do Club Portamiñá de Lugo, foi convocada polo Equipo Nacional Junior

LugoXa
Desta maneira, formará parte do equipo español que participará no Qualification Meet en Róterdan entre o 28 de novembro e o 1 de decembro
Inés-Mourenza-equipo-Portamiñá-Lugo
26 Nov 2024

A nadadora do Club Portamiñá de Lugo, Inés Mourenza Rocha, foi convocada polo Equipo Nacional Junior para participar no Qualification Meet en Róterdan.

Así, a competición, que empezará este xoves 28 de novembro e durará ata o 1 de decembro, terá lugar na piscina de 50 metros Zewencentrum, onde a nadadora lucense demostrará as súas capacidades na auga.

O equipo español estará formado por 15 nadadores e na devandita competición Inés nadará as probas de 100 e 200 bolboreta e 400 e 800 libres. Esta convocatoria ratifica a Inés Mourenza como unha das promesas da natación española.

0.17975521087646