Instalarán un sistema para calefactar a pista do Pazo dos Deportes tras os problemas de condensación
LugoXa
A actuación centrarase na pista ao constatarse que a condensación que impediu o desenvolvemento do encontro entre CB Breogán e Tenerife
7 Out 2024
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, asegura que ao longo desta semana instalarán un sistema para calefactar a pista do Pazo dos Deportes, seguindo as recomendacións da empresa de climatización que esta mañá supervisou o recinto. A actuación centrarase na pista ao constatarse que a condensación que impediu o desenvolvemento do encontro entre CB Breogán e Tenerife se xerou no parqué, como consecuencia do alto nivel de humidade do aire – con niveis próximos ao 100% - e do choque térmico entre a temperatura ambiente e a do pavimento.
Efrén Castro sinalou que “o sábado se deu unha conxunción de factores excepcional pero o noso obxectivo é evitar calquera risco nese sentido, e contar con mecanismos suficientes para que as condicións ambientais non impidan o uso da pista” e explicou que “actuamos coa máxima celeridade posible, tendo en conta o asesoramento técnico para adoptar a
solución mais eficiente e áxil” .
solución mais eficiente e áxil” .
Nese sentido valorou “a dispoñibilidade da empresa para realizar este traballo ao longo da semana”. Ademais da instalación do sistema de calefacción da pista, para o que se aproveitará a cámara de aire existente debaixo do parqué, reforzarase a
capacidade dos sistemas de ventilación e extracción do Pazo.
capacidade dos sistemas de ventilación e extracción do Pazo.