Investigado un laurentino por unha tala en Trababa
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Garda Civil investiga ao suposto autor dun delicto de danos.
14 Out 2019
A Garda Civil investiga ao suposto autor dun delicto de danos. O investigado é un veciño da localidade lucense de Lourenzá, de 62 anos de idade
Os feitos sucederon a finais do pasado mes de agosto e consistiron nunha tala de 30 árbores, carballos principalmente, nunha finca situada na parroquia trabadense de Vilapena.
A persoa investigada foi posta á disposición xudicial.