Invístense 2,3 millóns de euros na mellora da LU-710 que conecta a N-VI coa A-6, en Baralla

LugoXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu un total de 3 ofertas de empresas para execución das obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710, desde a intersección coa N- VI e ata o enlace con A-6, no concello de Baralla.
LU 710
16 Mar 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu un total de 3 ofertas de empresas para execución das obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710, desde a intersección coa N- VI e ata o enlace con A-6, no concello de Baralla. Esta intervención, licitada por máis de 2,3 millóns de euros, ten como obxectivo a mellora da seguridade viaria na contorna, a través do ensanche e mellora desta vía autonómica no tramo que conecta a N-VI e a A-6, nunha lonxitude de preto de 4,5 quilómetros.

A través das obras obxecto deste contrato, a LU-710, unha vez acondicionada, contará cunha plataforma ampliada a 7 metros de sección, sen incluír as cunetas, cun carril por sentido de 3 metros cada un e beiravías de 0,5 metros. Ademais, mellorarase puntualmente o trazado con variantes, para aumentar a visibilidade e a perceptividade en tramos concretos da estrada, o que implementará a seguridade viaria.

Tamén se prevé a remodelación da intersección coa N-VI, cunha solución que canaliza, cun carril central de espera e cuñas de cambio de velocidade, os dous xiros á esquerda que actualmente se realizan de forma directa. Finalmente, incorpórase ao proxecto a achega presentada ao proxecto inicial, dun acceso solicitado desde a estrada LU-710.

Ademais, o Concello de Baralla executará unha senda neste tramo, cuxo deseño foi coordinado coa intervención obxecto deste contrato, facilitándose deste xeito a actuación municipal. A intervención realízase baixo un criterio de respecto co medio, ao discorrer por unha zona con gran valor ambiental e paisaxístico, a ribeira do río Neira, e cunha orografía moi accidentada. A previsión da Xunta é adxudicar as obras o vindeiro mes de xuño para inicialas no verán e telas rematas a finais de 2025 ou principios de 2026, xa que as obras contan cun prazo de execución de 18 meses.

0.16507697105408