Invístense 6,1 millóns de euros para actuacións no tramo ferroviario Monforte de Lemos -Lugo

LugoXa | RibeiraSacraXa
Invístense 6,1 millóns de euros para actuacións no tramo ferroviario que discorre entre Monforte de Lemos e Lugo
vias tren
vias tren
16 Nov 2022

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destaca que o Goberno “refrenda a súa aposta pola provincia de Lugo cos novos investimentos que pon en marcha dirixidos a mellorar as nosas infraestruturas ferroviarias”.

Isabel Rodríguez manifestou que veñen de facerse públicas no Boletín Oficial do Estado a formalización dos contratos das obras de cerramentos de protección en zonas urbanas e pasos do tramo Monforte de Lemos – Lugo (liña León – A Coruña), que contan cun investimento de 6,1 millóns de euros do Adif. Os traballos foron adxudicados á UTE integrada polas empresas Oreco Balgón e Construcións, Instalación e Tracción.

Isabel Rodríguez sinala que ditas actuacións “enmárcanse no conxunto de melloras planificadas polo Goberno para o corredor ferroviario Ourense – Monforte – Lugo cun investimento total de 546 millóns de euros para mellorar a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe, así como para adaptala aos parámetros de altas prestacións. Cos sistemas de protección da infraestrutura, ademais, disuádese e evítanse tránsitos indebidos polas vías”.

“Unha vez máis os feitos demostran que este Goberno mantén a Lugo na súa axenda e cumpre os seus compromisos coa provincia”, destacou a subdelegada que explicou que “as obras, ó longo de máis de 29.000 metros deste tramo ferroviario, consistirán na instalación de dous tipos de cerramento en función da zona de actuación: cerramento montado sobre un bastidor con montantes encastrados en murete de formigón armado e malla metálica progresiva ou cinexética, con reforzo para a fauna existente”.

Os traballos realizaranse integramente en terreos de titularidade do Adif, polo que non será necesaria a tramitación de expropiacións, nin a reposición de servidumes ou servizos afectados.

0.19038605690002