Irmandade Naviega programa presentacións con Belén Gopegui, Toño Núñez e Posín de Noudelo
A literatura será unha das protagonistas durante a programación deste verán promovida pola asociación Irmandade Naviega. Dende o colectivo poñen en marcha varias presentacións literarias cos seus autores. A primeira será o vindeiro sábado 27 de xullo da man de Belén Gopegui que presentará Pequeñas Heridas.
A programación continúa no mes de agosto. Toño Núñez achegarase para presentar a súa obra Mea Culpa entre os asistentes. A cita será o sábado 10 de agosto. O xoves 15 no municipio poderán gozar de Posín de Noudelo que presentará La Sociedade Revolucionaria de la Parroquia de Donis.
Ademais, as propostas teatrais tampouco falta. O xoves 22, o grupo de teatro de Navia representará a obra Cyrano de Bergerac. Os interesados poden pedir máis información no correo irmandadenaviega@gmail.com- e no número 659 793 042.