Isabel Rodríguez destaca a aposta do Goberno pola transformación dixital nunha reunión cos reponsables de Rafer

LugoXa
A empresa é adxudicataria do programa de axudas da segunda convocatoria “Xeración Dixital Pemes” do Ministerio de Industria e Turismo
subdelegada-rafer
17 Out 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou o firme compromiso do Goberno coa transformación dixital das pequenas e medianas empresas (pemes) durante un encontro con responsables da empresa lucense Rafer, adxudicataria do programa de axudas da segunda convocatoria “Xeración Dixital Pemes” do Ministerio de Industria e Turismo. Estas accións enmárcanse no Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno, destinado a impulsar a modernización do tecido empresarial e aumentar a competitividade das pemes en todo o territorio nacional.

Durante o encontro, Rodríguez subliñou a importancia da nova convocatoria d axudas, que permitirá a 350 persoas recibir formación “sobre cuestións fundamentais como ciberseguridade, facturación electrónica, automatización d procesos ou acceso a subvencións”. Esta formación está dirixida tanto a autónomos e autónomas como aos traballadores das peme que necesiten actualizar ou desenvolver competencias en dixitalización, co fin de mellorar o rendemento das súas empresas.

“O Goberno está comprometido con proporcionar ao tecido empresarial as ferramentas necesarias para adaptarse á contorna dixital. Este programa non só incrementará as competencias dixitais, senón que tamén contribuirá a mellorar a produtividade e competitividade das empresas, impulsando o seu crecemento e a súa capacidade para competir en mercados internacionais”, sinalou Rodríguez.

Con esta nova convocatoria prestarase especial atención ao rural “á hora de captar alumnado interesado co fin de facilitar os procesos, por exemplo, no sector da agricultura e a gandería á hora de actualizar o caderno dixital de obrigado cumprimento”. Tanto a subdelegada como a empresa adxudicataria lembraron que estas formacións son de balde e que se poderán adaptar ás necesidades concretas de cada peme.

0.20035696029663