Isabel Rodríguez entrega máis mascarillas a entidades sociais da provincia
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou un novo cargamento de máscaras a tres entidades sociais e asistenciais da provincia, Cáritas, Cruz Vermella e Fademga, co obxectivo de facilitar o labor de voluntariado que fan estas entidades. É a segunda fase da campaña iniciada o luns na que a Subdelegación do Goberno está a distribuir un total de 104.000 mascarillas na provincia de Lugo.
A subdelegada remarcou a xenerosidade e o labor esencial que están a desenvolver nesta situación de emerxencia sanitaria estas entidades. Isabel Rodríguez explicou tamén que, coa entrega deste material de protección, trátase de axudar á protección dos voluntarios que traballan cos sectores máis vulnerables da sociedade.
CÁRITAS, CRUZ VERMELLA E FADEMGA
Na provincia de Lugo, a Cruz Vermella, que conta con 112 traballadores e 500 voluntarios, ten en marcha programas de axuda e acompañamento a persoas maiores, a persoas sen teito, a afectados por dano cerebral e a drogodependentes, entre outros colectivos.
O labor de Cáritas, con 29 traballadores e máis de 500 voluntarios, céntrase especialmente na xestión de comedores sociais e atención a persoas sen recursos da provincia.
Pola súa parte, FADEMGA, a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento, aglutina a asociacións de familiares e profesionais de persoas con discapacidade intelectual como Raiolas, Asdeme, Prodeme, Afadi, Camiña, Aspanane e Aspnais.
SEGUNDA ENTREGA
Ésta é a segunda ocasión en menos de un mes na que a Subdelegación do Goberno distribúe mascarillas a entidades sociais da provincia, logo do reparto feito a mediados do mes de abril, cando se facilitou material a Cáritas, Cruz Vermella, Aspnais e o Banco de Alimentos.
A Subdelegación do Goberno repartiu naquela primeira campaña un total de 74.000 mascarillas na provincia, material que tamén fixo chegar ao persoal de todas as residencias de maiores existentes na provincia, a traballadores, colectivos profesionais e empresariais, así como a todos os concellos con destino ao seu persoal e coa finalidade de garantirlles aos empregados o uso deste medio de protección nos desprazamentos aos seus postos de traballo.