José Tomé puxo en valor a Festa da Androlla de Navia de Suarna

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Navia Suarna, José Fernández Fernández, participou este domingo na 33ª edición da Festa da Androlla, que reuniu a milleiros de persoas na Praza da Vila do Concello, coa colaboración da institución provincial, que achega 3.
XXXIII Festa da Androlla
XXXIII Festa da Androlla
11 Feb 2024

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Navia Suarna, José Fernández Fernández, participou este domingo na 33ª edición da Festa da Androlla, que reuniu a milleiros de persoas na Praza da Vila do Concello, coa colaboración da institución provincial, que achega 3.000 euros para a organización da cita gastronómica.

José Tomé enxalzou a festa como “todo un revulsivo económico neste domingo de Entroido para o municipio e para toda a comarca da Montaña”. Felicitou ao Concello pola organización do encontro, e aos produtores que fan posible a elaboración dun “produto artesán único que crea identidade e nos diferencia do resto”.

Xunto ao presidente da Deputación, participaron no encontro o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, ademais de deputados provinciais e rexedores da comarca e do resto da provincia.

0.19975090026855