Kee Avil, en concerto mañá no Vello Cárcere de Lugo

LugoXa
O Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo acolle mañá un concerto de Kee Avil dentro do ciclo Liberdades Sonoras, co apoio da área de Cultura.
Kee Avil concerto
20 Maio 2022

A área de Cultura do Concello de Lugo organiza para este sábado un novo concerto dentro do ciclo Liberdades Sonoras.

Guitarra, voz, electroacústicas e electrónica cunha gran exploración das diferentes arquitecturas compositivas para crear cancións dunha gran sensibilidade estrutural, con detalles crecentes e intensos. Iso é Kee Avil a artista que estará mañá no Vello Cárcere amosando a súa arte dende as 20.30 horas.

O concerto ponse en marcha grazas a Work on Sunday e Clap Club Lúdico de Arte y Patafísica. Todo, co apoio da área de Cultura.

0.19736099243164