Lago Júnior reforza o ataque do CD Lugo para a tempada 2025/26

O Club Deportivo Lugo pechou a incorporación de Lago Junior ao seu primeiro equipo de cara á tempada 2025/26. O atacante, natural da Costa de Marfil e nado en 1990, chega á escadra albivermella como un reforzo de garantías para a parcela ofensiva, cun perfil polivalente que lle permite actuar en calquera posición do ataque.
Lago Junior conta cunha dilatada experiencia no fútbol profesional español, con etapas en clubs como o CD Numancia, Gimnàstic de Tarragona, Málaga CF, Racing de Santander —o seu último equipo— e, especialmente, o RCD Mallorca, onde protagonizou os seus mellores anos como profesional e se consolidou como unha das figuras destacadas do conxunto balear.
O novo xogador do Lugo acumula preto de 300 partidos en Segunda División e máis de 50 en Primeira, cun balance ofensivo notable: 85 goles e 17 asistencias ao longo da súa carreira. Ademais, foi internacional coa selección absoluta da súa país.
Lago Junior asina por unha tempada, cunha opción de renovación por un segundo ano condicionada a obxectivos deportivos. Está previsto que se incorpore nos vindeiros días á dinámica de adestramentos do primeiro equipo.