Lara Méndez anuncia un Plan Estratéxico Cultural cunha programación plural e diversa

LugoXa
Lara Méndez activará un Plan Estratéxico Cultural “paraencher Lugo dunha programación plural e diversa da mandos axentes culturais”
lara mendez psoe cultura reunion
20 Maio 2023

A alcaldesa e candidata socialista reuniuse cos colectivos culturais da cidade para explicarlles as súas propostas, “que desenvolveremos de maneira colaborativa”.

A Alcaldesa de Lugo e candidata socialista, Lara Méndez, activará un Plan Estratéxico Cultural para crear sinerxías entre a cultura e outras áreas (educación, inclusión social, emprego, participación cidadá, medio ambiente, coñecemento) para o fortalecemento de políticas culturais fundamentadas no patrimonio, a diversidade e a creatividade. “Faremos un traballo conxunto entre a Administración Local, o Consello Municipal de Cultura, os axentes culturais locais e a cidadanía para deseñar unha política de xestión cultural colaborativa, asentando as bases para encher de programación de excelencia, diversa e plural os distintos equipamentos municipais”, sostivo ante unha nutrida representación do sector cultural lucense.

Méndez incidiu na súa aposta por unha cultura vinculada á formación, creación, produción e innovación da cultura local, garantindo que as producións lucenses teñan unha presenza significativa e equilibrada no conxunto de actividades culturais da cidade. “E apostamos por unha cultura asociada a nosa lingua propia, e que apoie a diversidade, que sexa inclusiva e que recoñeza a diversidade das expresións culturais e os proxectos interculturais”, incidiu.

A rexedor e candidata puxo de relevo a capacidade cultural do municipio para a súa proxección exterior, “tanto a través da celebracións que coidamos con tanto mimo como o San Froilán, o Arde Lvcvs -que desde este ano é Festa de Interese Turístico Internacional”- e o Caudal Fest, como a través das celebracións que acadamos polas nosas capacidades, e o mellor exemplo é que os 45 concellos de Galicia e Norte de Portugal acordaron por unanimidade que Lugo sexa este ano a Capital da Cultura”.

Coliving artístico

Así mesmo, destacou que “estamos traballando xa da man do Eixo Atlántico na estratexia de promoción conxunta do patrimonio histórico romano de Galicia e do norte de Portugal a través do deseño do Circuíto Cultural Gallaecia, que queremos converter no segundo circuíto tras o Camiño Primitivo”. Circuíto, dixo, que “debe ir acompañado de rehabilitar o Cuartel de San Fernando como Museo da Romanización de Galicia, que é unha débeda histórica da Xunta con Lugo”.

Lara Méndez lembrou, igualmente, a oportunidade que se lle abre aos artistas lucenses coa apertura do primeiro coliving artístico municipal, que está en obras, ubicado no barrio Carme e no Camiño Primitivo, “co que potenciaremos o talento e as iniciativas culturais”.

0.15567493438721