Laxosa celebrará o seu magosto o 21 de novembro cunha xornada de convivencia e música

A Asociación de Veciños de Laxosa 'Airamonte' celebrará o sábado 21 de novembro o Magosto de Laxosa 2026, unha xornada de convivencia que terá lugar na Praza da Reitoral e que combinará gastronomía, música e actividades para todos os públicos.
A programación incluirá fabada, xamón cocido e castañas asadas. A partir das 16:30 horas actuará a Banda EGS e, ás 18:00 horas, haberá unha chocolatada con biscoitos. A festa contará tamén cunha gran rifa con numerosos premios, carpa pechada e servizo de bar.
O prezo será de 20 euros para as persoas socias e de 35 euros para as non socias, mentres que os menores de 15 anos poderán asistir de balde. O prazo para anotarse e realizar o pagamento rematará o 13 de novembro. As prazas serán limitadas ata completar o aforo.