Leandro Barea decora o muro exterior do colexio Fingoi

LugoXa
Leandro Barea decora o muro exterior do colexio Fingoi nunha nova intervención do Culturban promovida pola área de Cultura
leandro barea mural exterior fingoi lugo
2 Oct 2021

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, visitou o colexio de Fingoi xunto ao muralista e autor desta intervención artística, Leandro Barea, e representantes do Colexio de Fingoi. Nesta zona vén de rematarse unha nova intervención do festival de arte urbano Culturbán, organizado pola área de Cultura e o Espacio Lupa Arte.

"Seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable ", explicou Arroxo, que destacou "o éxito das intervencións da primeira edición do Culturban". A edil de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que "seguimos a apostar polo talento das e dos artistas cunha traxectoria recoñecible como é o caso de Leandro Barea"

O novo mural ocupa unha extensión de preto de 24 metros de ancho, e nel represéntanse distintas etapas da humanidade nun total de 7 viñetas co estilo habitual de Leandro Barea.

mural leandro barea fingoi lugo
0.17107582092285