Lecer de Gamelle de Pol organiza unha sesión de cine e un obradoiro de Nadal
TerraChaXa | LugoXa
O colectivo Lecer de Gamelle de Pol ten convocadas para esta ponte de decembro unha serie de actividades que deron comezo o luns.
6 Dec 2022
O colectivo Lecer de Gamelle de Pol ten convocadas para esta ponte de decembro unha serie de actividades que deron comezo o luns cunha xuntanza de mulleres para falar de tradición oral.
Esta reunión tivo lugar na Escola de Cirio e nela participaron o veciño Sergio Marey e Atenea.
As actividades continuarán este xoves, día 8, coa primeira sesión de Cine de Barrio. Proxectarase unha película para todos os públicos entre as 17.00 e as 19.00 horas.
Tamén o venres, día 9, haberá un obradoiro de adornos de Nadal dirixido aos máis pequenos da casa. Terá o mesmo horario de 17.00 a 19.00 horas e estará incluída unha merenda para os participantes.