Leña Verde celebra o próximo sábado en Pol un magosto

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Será a partir das 20.00 horas con degustación de callos e castañas e coa actuación de Ángeles Goás
castañas-magosto-recurso
17 Nov 2026

O colectivo Leña Verde de Pol convida a veciños e visitantes a desfrutar do Magosto que terá lugar este sábado, 21 de novembro no caseto do polbo da Carballeira de Mosteiro. Esta tradicional festa promete unha combinación de boa gastronomía e entretemento para todas as idades.

A partir das 20:00 horas, os asistentes poderán degustar callos e castañas, acompañados de viño, cervexa ou refrescos. A cita continúa ás 22:00 horas cunha actuación de Ángeles Goás co título O medo é libre. Rematará a sesión coa actuación de Leña Verde e cunha foliada aberta, na que poden participar os que queiran.

A celebración está organizada pola asociación cultural Leña Verde e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Pol e outras entidades como Casa Quiroga HortoFruticola.

0.16791820526123