Lina e Lola e Unto Vello protagonizan unha nova cita do ciclo ‘Lubicán’ na Praza de Santa María

LugoXa
O concerto, incluído na Primavera Cultural, celebrarase este mércores ás 20.15 horas e trasladarase ao campus en caso de choiva
Lina-e-Lola-e--Unto-Vello
25 Feb 2026

A Praza de Santa María acollerá este mércores 25 de febreiro ás 20.15 horas unha nova sesión do ciclo ‘Lubicán’, incluído na programación da Primavera Cultural, coa actuación de Lina e Lola xunto a Unto Vello. A proposta musical forma parte da oferta cultural deseñada para dinamizar a cidade durante esta tempada.

No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas, a organización prevé trasladar o concerto ao Auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, garantindo así a celebración da actividade con normalidade.

O ciclo ‘Lubicán’ intégrase na programación impulsada ao abeiro do convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, unha alianza institucional que permite desenvolver unha oferta cultural estable e diversa na cidade.

0.11892008781433