Loentia está de festa a fin de semana

En Loentia terá dous días de festa esta fin de semana na honra a San Antón e San Esteban. O sábado terán misa ás 13.00 horas e sesión coa orquestra Stereo, que repetirá pola noite xunto con Panorama City.
O domingo, despois da misa das 14.00 horas a sesión vermú estará ao cargo do grupo Fénix, co que se dará por rematada a festa.
A organización lembra que haberá carpa no campo da festa para protexer das inclemencias do tempo.