Lorenzana visita a sede da Federación Galega de Comercio de Lugo promovendo o uso dos bonos

LugoXa
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, Mª Jesús Lorenzana, realizou esta mañá unha visita institucional á sede da Federación Galega de Comercio (FGC), onde mantivo unha reunión co seu presidente, José María Seijas, e membros da directiva desta organización.
visita lorenzada federacion de comercio
visita lorenzada federacion de comercio
17 Out 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, Mª Jesús Lorenzana, realizou esta mañá unha visita institucional á sede da Federación Galega de Comercio (FGC), onde mantivo unha reunión co seu presidente, José María Seijas, e membros da directiva desta organización.

No transcurso do encontro fíxoselle traslado á conselleira das principais demandas e necesidades do sector, entre as que descatan a necesidade de manter medidas de reforzo e dinamización ante a situación de inflación e repercusión sobre o consumo das familias. Neste senso, dende a FGC se transmitiu a gran acollida por parte de consumidores e comerciantes de iniciativas como o Bono Activa Comercio e a realización doutras campañas de dinamización e promoción que poñen en valor o comercio de proximidade galego.

Tamén se abordaron aspectos como a conveniencia de crear unha Mesa de Comercio – Observatorio ; así como de elaborar un censo previo a un Plan Estratéxico do Sector Comercial Galego para poder implementar medidas de reactivación e impulso axeitadas ao momento e mercado actual.

Por outra banda, a FGC solicitou á conselleira o mantemento da interlocución constante entre o sector e a Administración Autonómica en tódolos organismos e asuntos que lle afectan, tales como as medidas de apoio, axudas, programas, formación, lexislación, etc. Tamén se lle deu traslado das valoracións da organización respecto a asuntos como o financiamento do fondos Next Generation, a regulación e control das feiras de oportunidades, ou a nova lexislación que permite o uso como vivendas de locais comerciais, entre outros asuntos.

0.10529184341431