Lóstregos Lvcvs celebrou o Desafío anual entre Lugo e A Fonsagrada

LugoXa
Foi unha xornada baseada na navegación por roadbook, formato electrónico ou rolo de papel, con saída e chegada na cidade de Lugo
desafio-lostrego-motos-a-fonsagrada
Os participantes no Desafío ante o Concello da Fonsagrada
9 Xuño 2024

Esta fin de semana tivo lugar a sexta edición do Desafío Lóstrego, organizada polo Moto club Lóstregos Lvcvs. Trátase dunha ruta moto-turística, pensada para dar a coñecer distintos lugares da provincia de Lugo. Sen ningún tipo de afán competitivo.

Foi unha xornada baseada na navegación por roadbook, formato electrónico ou rolo de papel, con saída e chegada na cidade de Lugo.

Había dúas posibilidades, realizala unicamente por estradas asfaltadas ou escoller variantes que transcorren por pistas de terra (off Road) coñecendo distintos lugares de interese turístico e paisaxístico da provincia.

A ruta comezou coa recepción dos 110 participantes, chegados de distintas localidades da península. Á primeira hora da mañá 7:30; na praza de Augas Férreas tivo lugar a entrega do material (dorsal, pasaporte, adhesivos, roadbook) e o correspondente almorzo.

A continuación deuse á saída dos participantes de forma graduada en pequenos grupos. Tiveron que pasar por determinados puntos marcados no libro de ruta, como controis fotográficos e outros controis de paso onde persoal da organización selou op seu paso no carné de ruta e, previa visualización das fotos.

Estes puntos son de interese paisaxístico ou turístico onde os participantes aproveitaron para coñecelos e/ou volver outro día para gozalos con máis calma.

Ao mediodía, o xantar tivo lugar nun restaurante da Fonsagrada, despois de visitar a fervenza de Vilagocende, Negueira e Río de Porcos entre outros lugares.

Pola tarde con similar sistemática e despois de visitar o concello da Fonsagrada, o museo e participar nunha merenda con produtos típicos da zona, obsequio do Concello da Fonsagrada, proseguiron ata o control de fin de ruta nas Gándaras, onde se celebrou a cea e se fixo o sorteo de agasallos.

0.18927192687988