Lóstregos Lvcvs Moto Club organiza a cuarta edición da Motorromería

LugoXa
O percorrido transitará principalmente por estradas secundarias nos arredores das montañas próximas a Lugo
Motorromería-2025-Lóstregos-Lucus-Moto-Club
17 Feb 2025

O próximo 29 de marzo, o Lóstregos Lvcvs Moto Club celebrará a cuarta edición da Motorromería, un rally mototurístico pensado para iniciarse na navegación por roadbook, o tradicional libro de ruta.

A ruta é adecuada para todo tipo de motos desde 125 cc, e está dividida en dúas etapas, coa comida como punto de encontro entre ambas. Así, a ruta será de 140 km pola mañá e outros 100 km pola tarde, despois dunha pausa para comer.

O percorrido transitará principalmente por estradas secundarias nos arredores das montañas próximas a Lugo. Aínda que en algúns tramos se poderá pisar algo de terra para acceder a miradoiros ou espazos naturais, as estradas son accesibles para calquera tipo de moto, incluso con pasaxeiro, e están deseñadas para gozar do paisaxe, non para correr.

Durante o percorrido, os participantes poderán gozar de distintas visitas a museos, miradoiros e lugares de interese cultural, etnográfico e natural, onde deberán demostrar o seu paso a través dun carné de control de paso, selando ou fotografando os puntos de interese.

A xornada comezará ás 9:00 horas cun almorzo en Lugo e a comida será tipo picnic con produtos galegos, na mellor tradición da Motorromería. Despois da xornada mototurística, os participantes reuniranse para unha festa final cunha cea, que se celebrará sobre as 20:00 horas nun restaurante de Lugo.

O prezo da inscrición é de 45 €, e inclúe o rutómetro, as visitas, o dorsal para a moto, as pegatinas, o carné de paso, o almorzo, a comida e a cea de fin de festa.

As inscricións abrirán o sábado 22 de febreiro, e para máis información ou para realizar a inscrición, os interesados poden chamar ao teléfono 619 987 809.

0.17293000221252