Lóstregos Lvcvs Moto Club organiza o IV Motoxubileo cunha rifa solidaria a favor de Somos Unidos por el Cáncer

LugoXa
A cuarta edición do Motoxubileo busca recadar fondos para a asociación Somos Unidos por el Cáncer e fai un chamamento aos motoclubs, afeccionados ás motos e empresas lucenses para que colaboren con doazóns
Motoxubileo-Lugo-26-Somos
9 Nov 2026

Lóstregos Lvcvs Moto Club pon en marcha o IV Motoxubileo cunha iniciativa solidaria destinada a recadar fondos para a asociación Somos Unidos por el Cáncer, que traballa para apoiar os nenos e nenas que padecen esta enfermidade e as súas familias, así como para mellorar a súa calidade de vida.

Para conseguir fondos, o club quere organizar unha rifa solidaria e solicita a colaboración dos motoclubs lucenses, das persoas afeccionadas ao mundo das motos e das empresas da provincia. No caso dos colectivos moteros e particulares, aceptan doazóns de obxectos, accesorios, equipamento relacionado co motociclismo, agasallos ou calquera outra achega que poida formar parte dos premios.

Pola súa banda, as empresas poden colaborar mediante a doazón de produtos, servizos ou experiencias, así como con achegas económicas directas. Desde Lóstregos Lvcvs Moto Club lembran que todas as contribucións, independentemente da súa contía, poden axudar a apoiar esta causa.

As persoas ou entidades interesadas en participar poden contactar con Emilio no teléfono 619 98 78 09. A iniciativa busca implicar a toda a comunidade motera e á cidadanía lucense nun proxecto que combina a afección polo motociclismo e o compromiso social.

0.15081286430359