Loureiro lembra ao PP que o Concello xa ten solicitada a concesión do peirao

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O grupo de goberno do Concello de Viveiro abstívose no Pleno municipal de nunha moción presentada polo Partido Popular sobre a concesión do peirao do municipio, “xa que é un tema no que estamos a traballar desde hai meses na mellor opción para os nosos veciños e veciñas”.
13 Dec 2019

O grupo de goberno do Concello de Viveiro abstívose no Pleno municipal de nunha moción presentada polo Partido Popular sobre a concesión do peirao do municipio, “xa que é un tema no que estamos a traballar desde hai meses na mellor opción para os nosos veciños e veciñas”.

Na moción, o PP instaba a solicitar a concesión do peirao a Portos de Galicia para a súa regularización, facéndose cargo do mantemento, vixiancia e urbanización. Para dita medida, engadía o texto, será preceptivo un convenio entre o Concello e o organismo autonómico. A moción foi aprobada cos votos a favor do PP, Por Viveiro, e Son Viveiro, e coa abstención socialista e do BNG.

“Tal e como expliquei na sesión plenaria, sorprendeunos especialmente a presentación desta moción, tendo en conta que foi este equipo de goberno o que realizou esa misma proposta a Portos de Galicia nunha reunión celebrada o 17 de outubro”,  manifesta a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Non sabemos se é que os concelleiros do grupo popular non adoitan ler a prensa, se non teñen comunicación con Portos de Galicia ou que puido pasar, pero é evidente que estaban a propoñer un acordo que nós mesmos plantexamos á administración autonómica hai un par de meses”, afirma.

O grupo de goberno considerou polo tanto “que non tiña sentido aprobar esta moción cando se trata dunha cuestión xa proposta e na que estamos a traballar; de feito, dende Portos de Galicia xa se nos indicaron cales serían as condicións nas que se establecería ese convenio de concesión: tería unha duración de catro anos, prorrogable por outros catro, e entregaríase ao concello no mesmo estado no que se atopa neste momento”.

As obras que este espazo necesita implican un investimento considerable, pois é necesario aglomerar ou instalar varandillas novas, entre outras posibles actuacións. Por este motivo, “dende o concello estamos valorando tanto esta posibilidade como unha posible reversión por parte de Costas, coa finalidade de establecer as condicións de cada unha destas tramitacións e valorar cal sería a mellor opción para o concello”, engade María Loureiro.

“Respectando loxicamente o acordo adoptado no pleno, seguiremos realizando as xestions oportunas para escoller a mellor opcion para os intereses municipais”, remata o grupo de goberno.

0.12058186531067