Lourenzá ofrécelles aos maiores podoloxía e fisioterapia gratis a domicilio

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Out 2019

A Concellería de Servizos Sociais de Lourenzá amplía os servizos a persoas dependentes e de libre concorrencia ofrecendo podoloxía e fisioterapia gratuítos para todos os usuarios.

Esta semana a concelleira Mercedes Dengra e a técnico social visitaron aos usuarios para ofrecer estes novos servizos, que teñen moi boa acollida. A partir do vindeiro mes de novembro un especialista en podoloxía e outro en fisioterapia realizarán estes servizos a domicilio.

Mercedes Dengra explicou que “a atención aos nosos maiores e dependentes é unha das nosas prioridades e por iso se poñen en práctica medidas coma esta para mellorar a calidade e o benestar social de todos os veciños e veciñas do municipio usuarios deste servizo”.

0.097225904464722