Lourenzá seleccionou as oito obras que se representarán no certame de novembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Out 2019

O xurado do III Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá deu a coñecer o nome das oito obras seleccionadas para ser representadas durante o mes de novembro.

As elixidas son as seguintes: A Lola, de Avelaíña Teatro (Pontevedra). Fuga, de Gargallada Teatro (O Barco de Valdeorras). All you need is war, de O Catre Teatro (As Pontes). A tía Rosita, de Coles Teatro (Ourense). Comedia bífida, de Touporroutou Teatro (Foz). A última cea, de Fauna 113 (Vigo). A estraña familia, de Matabelas (Teo). Un! dous! tres!, de Carauta Teatro (Santiago).

Todos estes grupos de teatro recibirán 300 euros por participar e optarán ao premio de 750 euros que será para o que acade o Conde Santo á mellor representación. Tamén se concederán premios ao mellor actor e actriz principal, como o que obtivo Iris Darriba na imaxe, tamén ao mellor actor e actriz de reparto, á mellor posta en escena e o premio especial do público.

 Nos próximos días darase a coñecer o calendario das representacións das obras así como a data na que se celebrará a gala de entrega de premios.

0.16230797767639