Lucía Iglesias, cantante soprano de ópera de Lugo, debutou no Teatro Real de Madrid

Lucía Iglesias, cantante soprano de ópera de Lugo, debutou no Teatro Real de Madrid, representando a Nadine Sierra e Lisette Oropesa nas árias ‘Ah! Je veux vivre’ da ópera Romeo et Juliette e ‘Tu del mio Carlo’ de Verdi: I Masnadieri.
“Actuar aquí era un dos meus grandes soños”, dixo a lucense, emocionada antes de saír ao escenario; mentres que á saída do seu debut sentíase abrumada pola experiencia: “Foi marabilloso, sentínme moi acollida polo público e grazas ao equipo de Crecendo por confiar en min para representar a estas grandes sopranos ás que admiro moitísimo”.
Durante a súa actuación, o público puido gozar dunha ária na que a soprano de 24 anos interpretou o amor de Xulieta cara ao seu amado Romeo. Escoitala é unha oportunidade para os amantes da música e da literatura universal.
A lucense, que se formou en A Coruña e despois en Sabadell, presenta así a tempada 2025/2026 da programación cultural dun dos teatros máis importantes a nivel internacional, o Real de Madrid.