Lucía Pérez actuará este venres en Quindous co apoio da Xunta de Galicia

LugoXa | SarriaXa
A cantante do Incio participará na sesión vermú das festas desta localidade de Cervantes, que tamén contará con verbena e animación musical durante toda a xornada
Presentación-festón-en-Quindous-26
6 Aug 2026

A cantante galega Lucía Pérez será unha das protagonistas das festas de Quindous, no concello de Cervantes, cun concerto que terá lugar este venres, 7 de agosto, a partir das 13.00 horas no marco da sesión vermú. A actuación conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

O delegado territorial da Xunta mantivo recentemente un encontro con representantes da organización dos festexos, aos que trasladou os seus parabéns polo traballo desenvolvido e confirmou o apoio do Goberno galego a esta cita festiva. Segundo indicou, trátase dunha iniciativa que contribúe a achegar a cultura ao rural e a descentralizar a programación cultural, ao tempo que promove e dá visibilidade ao territorio.

A actuación de Lucía Pérez será un dos actos centrais dunha xornada que contará tamén con animación musical ao longo do día. Pola noite, a celebración continuará cunha verbena amenizada pola orquestra El Combo Dominicano e pola música de DJ Casanova.

As festas de Quindous volverán reunir a veciñanza e visitantes nunha xornada marcada pola música e o ambiente festivo nunha das pequenas localidades do municipio cervantego.

0.11226010322571