Lucus Ensemble presenta en Monforte o seu ciclo ‘Percorrendo Castelao’

LugoXa | RibeiraSacraXa
A actuación terá lugar este sábado con motivo dos actos organizados pola Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos co gallo do seu 75º aniversario.
lucus-ensamble-monforte
23 Oct 2025

O próximo sábado, 25 de outubro de 2025, ás 20:15 horas, Lucus Ensemble actuará na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos. A actuación, de entrada libre ata completar aforo, enmárcase dentro dos actos organizados pola Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos co gallo do seu 75º aniversario.

O concerto forma parte do ciclo ‘Percorrendo Castelao’, un proxecto musical de Lucus Ensemble para conmemorar o 75º aniversario do falecemento de Castelao. O programa propón un percorrido biográfico audiovisual pola vida do artista, desde o seu nacemento en Rianxo ata o seu descanso no Panteón de Galegos Ilustres en Santiago de Compostela. Ao longo do espectáculo, o grupo interpreta pezas musicais relacionadas con distintos momentos vitais, creativos e políticos de Castelao.

Lucus Ensemble naceu en Lugo no 2014, cando trece músicos con experiencia en música clásica e jazz decidiron crear unha formación estable para desenvolver proxectos adaptados a un conxunto de vento, corda, percusión e voz. Desde entón, ofreceron numerosos concertos por toda Galicia, consolidándose como un referente da música de cámara na provincia.

⚙ Configurar cookies
0.072086095809937