Lugo acolleu a entrega de premios da fase galega da Olimpíada Matemática

GaliciaXa | LugoXa
O Pazo de San Marcos reuniu ao alumnado finalista dunha edición na que participaron arredor de 500 estudantes de toda Galicia e cuxa final estatal celebrarase por primeira vez na cidade
Final-Galega-Olimpiada-Matemática-Lugo
22 May 2026

O Pazo de San Marcos acolleu este venres a entrega de premios da fase galega da Olimpíada Matemática, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.

A competición reuniu alumnado de 2º da ESO procedente de institutos de distintas localidades galegas, despois dunha primeira fase celebrada nos propios centros educativos na que participaron arredor de medio milleiro de estudantes.

Na xornada desenvolvida en Lugo déronse a coñecer as persoas finalistas que representarán a comunidade educativa galega na final estatal da Olimpíada Matemática. A cita celebrarase por primeira vez na cidade entre os días 24 e 27 de xuño.

As estudantes e estudantes seleccionados foron Daniella Gómez Perianes, do CPR Nosa Señora dos Remedios de Compostela; Gabriel Morales Herrera, do IES As Barxas de Moaña; Nerea Domínguez Pendolevo, do IES Breamo de Pontedeume; e Inés García Rodríguez, de Salesianos Ourense.

Ademais, o Premio á Beleza Matemática, que recoñece a creatividade na resolución das probas, foi para José Antonio Rodríguez Rial, alumno do IES Rosalía de Castro de Compostela.

0.099529981613159