Lugo acolle a presentación das II Xornadas de Pensamento Galego 'Saudade de Ramón Piñeiro'

LugoXa | SarriaXa
O acto celebrarase este mércores 4 de novembro, ás 19:30 horas, no salón de plenos do Concello, onde tamén se presentará o libro 'Manuel Regueiro Tenreiro: Filosofía e lingua'
Ramon-Piñeiro
3 Nov 2026

O Concello de Lugo, a Xunta de Galicia e Egeria presentarán este mércores 4 de novembro as II Xornadas de Pensamento Galego 'Saudade de Ramón Piñeiro', que se desenvolverán entre o 5 e o 7 de novembro en Lugo e Láncara.

O acto terá lugar ás 19:30 horas no salón de plenos do Concello e incluirá tamén a presentación do libro 'Manuel Regueiro Tenreiro: Filosofía e lingua', vinculado á primeira edición das xornadas. Cada unha das persoas asistentes recibirá un exemplar da publicación.

A iniciativa dá continuidade a este espazo de reflexión arredor do pensamento galego e da figura de Ramón Piñeiro, cunha programación que terá como escenarios as localidades de Lugo e Láncara durante tres xornadas.

0.15998888015747