Lugo acolle esta fin de semana o Gran Premio de MXGP, que foi presentado nun acto institucional

O Gran Premio de MXGP, que se celebrará os días 10 e 11 de maio no Circuíto Municipal Jorge Prado de Lugo, foi presentado diante da Delegación da Xunta de Galicia.
No acto participou o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, así como o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo; o concelleiro de Deportes, Jorge Bustos; xunto con representantes da organización, da Federación e da Xunta de Galicia.
Durante a súa intervención, Efrén Castro explicou a implicación e colaboración da área de Deportes da Deputación na organización do evento, que cualificou como unha mostra do potencial de Lugo para situarse no centro do deporte mundial. Así mesmo, destacou a gran afección que existe na cidade e na provincia polos deportes de motor.
O Gran Premio de MXGP traerá a Lugo algúns dos mellores pilotos do motocross internacional, consolidando o Circuíto Jorge Prado como unha referencia no calendario deportivo galego e estatal.