Lugo acolle este sábado un obradoiro para mellorar o tratamento xornalístico da violencia machista

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) organizará este sábado, 31 de outubro, en Lugo un obradoiro sobre o tratamento informativo das violencias contra as mulleres. A actividade desenvolverase entre as 10:30 e as 13:30 horas na Sala de Novas Tecnoloxías do Concello e estará impartida pola xornalista Fátima Frieiro.
A formación enmárcase nun programa impulsado polo CPXG que xa chegou a algúns dos principais medios de comunicación galegos, co obxectivo de mellorar a maneira en que se informa sobre a violencia machista. A sesión está aberta a todas as persoas interesadas e será gratuíta.
A iniciativa é posible grazas ao convenio asinado coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o ano 2026.