O Gustavo Freire acolle 'Música e poesía en movemento' para promover a creatividade en galego

LugoXa
O evento combinará expresión artística e lingua galega no auditorio Gustavo Freire o 13 de abril, con entrada libre ata completar aforo
Auditorio-Gustavo-Freire-Lugo-frente
2 Apr 2026

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo colaborará coa iniciativa “Música e poesía en movemento: sentindo a lingua”, un evento no que se combinarán a expresión artística e a creatividade coa lingua galega.

A actividade, organizada de maneira conxunta polos Conservatorios Profesionais de Música e Danza de Lugo e pola Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, celebrarase o vindeiro luns, 13 de abril, a partir das 19:00 no auditorio municipal Gustavo Freire, con entrada libre ata completar a capacidade do espazo.

Ferreiro destacou que esta colaboración “pon en valor o traballo coordinado entre os centros artísticos da cidade e amosa a potencia creativa destas tres instalacións tan relevantes”, e subliñou “a importancia de promover o galego como lingua de creación e comunicación artística”.

0.11918902397156