Lugo acolle o XXXI Festival de Teatro Universitario con funcións gratuítas

Lugo prepárase para vivir unha nova edición do Festival de Teatro Universitario, que neste 2025 celebra a súa trixésimo primeira edición.
Organizado no marco do programa Lugo Cultural, este evento promete encher a cidade de arte escénica do 2 ao 11 de abril, cunha programación diversa e de acceso gratuíto para toda a cidadanía.
O festival contará con funcións teatrais a cargo de compañías universitarias, principalmente do Campus de Lugo da USC, así como doutras universidades galegas.
As representacións celebraranse no Auditorio Gustavo Freire, no Teatro El Magual (ULE), na Aula de Teatro do Campus de Ourense e na Casa do Saber.
Así, o 3 de abril comezarán as representacións das obras teatrais con 'Voilà', da Compañía de Teatro USC-Lugo, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire.
Pola súa banda, o día 4 de abril será a quenda de 'Danza da vida breve', de Antonella Sturla, Teatro El Magual - ULE, ás 20:00 horas en O Vello Cárcere.
Xa o día 7, o Auditorio Gustavo Freire acollerá a obra 'Agamenón, volvín do supermercado e deiille unha mallada ao meu fillo', de Rodrigo García, da Compañía de Teatro da USC, ás 20:30 horas.
O día 9, tamén no Gustavo Freire, representarase 'Ludovico 2.5', da Aula de Teatro do Campus de Ourense, Grupo Maricastaña, ás 20:30 horas.
Finalmente, o 11 de abril, a Casa do Saber de Lugo acollerá a obra 'Cara de Leoparda', da Compañía Vaites Vaites USC de Lugo, ás 20:00 horas.
Actividades complementarias
Ademais das funcións teatrais, o festival ofrece propostas participativas para artistas e público:
-
05/04 – escaparArte: accións escénicas nos escaparates do centro histórico de Lugo, de 12:00 a 14:00 h. As persoas artistas interesadas poden inscribirse ata o 23 de marzo.
-
06/04 – Obradoiro de creación con Nuria Sotelo, en horario de mañá e tarde (11:00-14:00 h e 16:00-18:00 h). Inscrición aberta ata o 28 de marzo.
Este festival enmárcase dentro do programa Primavera Cultural 2025, e conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo.