Lugo acolle unha exposición de Cristina García Rodero

LugoXa
A mostra fotográfica de Cristina García Rodero pressenta o traballo da Fundación Vicente Ferrer para mellorar a vida das persoas vulnerábeis
Exposición Cristina garcia rodero
26 Oct 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro inaugurou a exposición Terra de Soños, organizada pola fundación La Caixa en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo. O acto contou tamén coa presenza do Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto con representantes do Goberno Municipal, ademais de asistir a directoria da área de Negocio de Caixabank en Lugo, Elena Rodríguez, a delegada da fundación La Caixa, Susan Santos e a comisaria e fotógrafa da mostra, Cristina García Rodero.

Esta exposición mostra, a través de 40 fotografías, a vida cotiá das e dos habitantes de Anantapur, no estado de Andhra Pradesh, unha das zonas máis pobres da India, na que residen as comunidades máis marxinais e vulnerábeis do país.

A mostra fotográfica presenta a estratexia de traballo da Fundación Vicente Ferrer para mellorar a calidade de vida das persoas vulnerbles, afondando a través do ollo de Cristina García Rodero no máis sensible e máxico do mundo feminino e na forza e capacidade de superación das mulleres de Anantapur.

A exposición poderá visitarse no fondo da Praza Maior ata o vindeiro 24 de novembro.

⚙ Configurar cookies
0.18281412124634