Lugo acolle unhas xornadas sobre producción e etiquetado de produtos alimentarios artesáns
A próximo martes 18 de outubro Lugo acolle unhas xornadas técnicas de divulgación e formación na producción e etiquetado de produtos alimentarios artesáns centrado no queixo. As xornadas terán lugar no edificio administrativo da Xunta de Lugo en horario de 10.00 a 13.00 a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
Así, ao longo das xornadas, abordaranse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén se tratará o propio proceso de inscrición no distintivo de Artesanía Alimentaria e o inicio da actividade artesanal.
A maiores, haberá un apartado sobre prácticas innovadoras, así como exemplos de normas técnicas e de produtos artesáns e tratarase, da man da Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela, a norma técnica de elaboración de queixo artesán cun exemplo práctico ao final a cargo dunha queixería.
Os interesados nestas xornadas poderán apuntarse completando o seguinte formulario. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 627 570 950 ou enviar un correo electrónico a artesaniaalimentaria.agacal@xunta.gal.