Lugo acollerá a I Xuntanza Xuntos por Lugo cunha gran festa o 19 de abril

O próximo 19 de abril de 2025, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo será o epicentro da festa coa celebración da I Xuntanza Xuntos por Lugo, organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Xuntos por Lugo.
A festa comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú a cargo de Verónica Cambón, e continuará ás 14.30 horas co xantar popular, que incluirá sopa de cocido, cocido completo, sobremesa, bebidas e café. O prezo será de 30 euros para adultos e 15 euros para nenos de 7 a 12 anos, incluíndo tamén cea con pinchos e merenda gratis para os máis pequenos (con opcións como macarróns e peituga de polo).
Pola tarde, a música continuará co baile amenizado por Verónica Cambón, DJ Jairo LQ e DJ Casanova, acompañado de animación infantil con merenda para os nenos e nenas.
Ás 21.00 horas, haberá pinchos gratis para todos os que participasen no xantar, e a partir das 22.00 horas, a noite rematará por todo o alto cunha gran verbena a cargo do DJ Casanova e da orquestra La Misión.