Lugo acollerá a II Ruta Cabalar San Miguel de Orbazai o vindeiro 22 de marzo

O próximo 22 de marzo, Lugo acollerá a II Ruta Cabalar San Miguel de Orbazai, organizada polo Grupo Cabalar Orbazai. Trala gran acollida da primeira edición en 2024, esta nova convocatoria promete unha xornada chea de festa e tradición.
As actividades comezarán ás 09.00 horas cun café de benvida para os participantes. Ás 11.00 horas darase inicio á ruta, que contará cunha parada intermedia para degustar uns pinchos. Unha vez finalizado o percorrido, os asistentes poderán gozar dunha sesión vermú amenizada polo grupo musical Jaque.
A continuación, celebrarase unha comida popular cun prezo de 27 euros por persoa. A festa prolongarase durante toda a tarde coa actuación do Grupo Jaque e a discoteca móbil La Duendeneta. Ademais, haberá sorteos, agasallos e máis pinchos ao remate do evento.
A organización convida a participar a todas as persoas interesadas, sen necesidade de posuír cabalos, facendo desta cita unha ocasión ideal para compartir a paixón polo mundo ecuestre e a festa en boa compañía.