Lugo acollerá en xullo o Campionato de España de Barco Dragón con 750 deportistas

LugoXa
A Deputación de Lugo apoia con 25.000 euros a organización do evento, que destaca pola alta participación feminina e pola visibilización das mulleres no deporte
Barco-Dragón-Club-Piragüismo-Cidade-de-Lugo
7 Jun 2026

Lugo será escenario no mes de xullo do Campionato de España de Barco Dragón na distancia de 200 metros, unha competición deportiva de carácter extraordinario que reunirá na cidade a arredor de 750 deportistas procedentes de distintos puntos do Estado. O evento contará co apoio da Deputación de Lugo, que aprobou unha achega de 25.000 euros ao Club Piragüismo Cidade de Lugo para a organización desta cita nacional.

Desde a institución provincial destácase o valor engadido desta disciplina, que conta cunha elevada participación feminina, o que contribúe, segundo sinalou o deputado Pablo Rivera, á visibilización das mulleres no ámbito deportivo e á promoción da igualdade no deporte.

Ademais, o Club Piragüismo Cidade de Lugo anunciou a celebración dunha xornada de portas abertas o 14 de xuño de 2026 ás 11.30 horas en As Saamasas, co obxectivo de achegar esta modalidade deportiva á cidadanía e fomentar a participación en actividades náuticas no municipio.

0.12284183502197