Lugo acollerá o 6 de setembro o I Torneo Benéfico de Mus Concello de Lugo

LugoXa
A recadación do evento, organizado pola Asociación Cultural Lugo Museiros e a Asociación Gaudeamus, destinarase integramente á Asociación Capaces
I-torneo-benéfico-mus-lugo-26
25 Aug 2026

Lugo acollerá o 6 de setembro o I Torneo Benéfico de Mus Concello de Lugo, un evento solidario cuxa recadación se destinará integramente á Asociación Capaces, entidade sen ánimo de lucro que apoia a persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), trastornos da comunicación e as súas familias.

O torneo, organizado pola Asociación Cultural Lugo Museiros e a Asociación Gaudeamus, desenvolverase en horario de mañá e tarde, das 10:00 ás 14:00 horas e a partir das 16:30 horas. A inscrición ten un custo de 30 euros por persoa e realízase a través da aplicación MusTotal.

A organización prevé alcanzar as 50 parellas participantes, nunha cita dirixida ás persoas afeccionadas ao mus que queiran combinar a competición coa colaboración con esta entidade social.

0.1494460105896