Lugo acollerá un curso sobre Os bosques maduros

LugoXa
Lugo acollerá un curso sobre Os bosques maduros e que se celebrará o martes 23 de novembro de 2021. Será no edificio multiusos
os bosques charla lugo
12 Nov 2021

Lugo acollerá un curso sobre Os bosques maduros e que se celebrará o martes 23 de novembro de 2021, estas acción están organizada polo Servizo de Montes de Ourense e o Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, e tratarán sobre os bosques primarios.

Este tipo de bosques son aqueles que evolucionaron sen intervencións humanas e son hoxe extremadamente escasos. Con todo, de forma local aínda poden atoparse bosques ou rodais con certa madurez e cunha baixa pegada antrópica, polo menos no que a extracción de produtos se refire. Pola súa extremada escaseza, pola súa complexidade e pola biodiversidade que albergan, os bosques maduros son obxecto de gran interese nas políticas de conservación, e polo tanto deben ser recoñecidos e protexidos. No escenario actual, a identificación, estudo e protección dos bosques maduros pode ser unha ferramenta de gran utilidade.

Polo tanto, o obxectivo deste curso é dar a coñecer en Galicia o proxecto LIFE RedBosques, centrado nos bosques maduros Para esto contaremos coa presenza de dous integrantes deste proxecto, membros tamén de Europarc-España.

No seguinte enlace aparece máis información sobre este proxecto: http://www.redbosques.eu/

cartaz RRSS bosques maduros
0.17249202728271