Lugo acollerá un taller sobre trámites de aproveitamentos madereiros
O edificio multiusos de Lugo acollerá un taller práctico sobre o manexo do CORWEB. Impartida polo Distrito Forestal IX de Lugo-Sarria, a acción formativa está prevista na aula de informática o vindeiro xoves 28 de outubro en horario de tarde (16:00 a 20:00 horas).
O obxectivo deste taller é acadar un coñecemento básico da solicitude telemática dos expedientes de aproveitamento madeireiro a través da aplicación informática CORWEB. Neste senso, o curso abordará os aspectos normativos dos aproveitamentos da madeira e as características básicas na tramitación electrónica en xeral e no CORWEB en particular. O taller finalizará con prácticas na tramitación de autorizacións e de declaracións responsables.
O curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.
Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso de Ribadeo e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico xbruna@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 982 828 622.