Lugo, capital da cervexa artesá na feira Arde Lúpulus
Lugo preparáse un ano máis para unha nova edición da feira da cerveza artesá Arde Lúpulus que reunirá, dende este xoves e ata o vindeiro domingo, na Praza de Santa María a máis dunha decena de produtores chegados dende varios puntos da xeografía española. “A décimo primeira edición desta cita, xa consolidada no noso municipio, contará con catro xornadas nas que se poderán degustar 80 tipos de cervexas artesás diferentes”, explicou a rexedora.
O Arde Lúpulus é unha cita de carácter familiar, que ten como obxetivo principal fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa e unha ampla programación de música, obradoiros para as e os máis cativos, catas ou charlas, creando así un espazo cultural diferente. Neste senso, a rexedora puxo en valor que se trata “da cita deste tipo máis consagrada en toda Galicia, tanto a nivel de vendas como de asistentes”.
“Serán catro días para gozar da cervexa, amenizados con música en directo, foodtrucks e xogos populares, con entrada totalmente de balde, polo que invito a toda a veciñanza a achegarse e aproveitar esta ocasión única para coñecer este produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura que xira en torno a esta bebida”, engadiu Alvarellos, quen apuntou que “apoiar esta feira é apoiar á economía local, posto que nela tamén participan produtores do municipio como Bubela ou Aloumiña”.
O xoves, a inauguración terá lugar ás 19.00 horas, prolongándose ata a unha da madrugada. O venres e o sábado o horario será de 13:00 a 01:00 horas e o domingo a clausura será ás 00:00 horas. A cita está organizada por La Ruta del Lúpulo e conta coa colaboración do Concello e da marca de cervexa artesá lucense Bubela. O resto de produtores serán os seguintes: Aloumiña, Madroa, Cervezas Go, The One Beer, La Sagra, Bacterio, El Jardín de la Cerveza, 1906 de Bodega, Chula e Albufera de Vallecas.