Lugo contou con 24 exposicións no 2025 no Vello Cárcere e no MIHL

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, fixo balance da oferta expositiva nos espazos do MIHL e do Vello Cárcere durante o ano 2025. Ferreiro destacou o esforzo desenvolvido desde a Tenencia de Alcaldía para manter unha programación estable, equilibrada e de calidade. “Achegamos unha gran selección de propostas, unindo artistas galegos e lucenses con creadores e creadoras de proxección internacional, o que nos permite situar a Lugo no mapa cultural”, sinalou a edil.
O Vello Cárcere e o Museo Interactivo da Historia de Lugo acolleron durante o último ano un total de 24 exposicións que formaron parte da ampla e diversa oferta cultural promovida pola área de. Estas mostras permitiron atraer milleiros de visitantes e consolidaron a oferta destes dous espazos municipais en referentes culturais da cidade.
As exposicións desenvolvidas ao longo do ano abrangueron diferentes disciplinas —pintura, escultura, fotografía, arte dixital e instalacións interactivas— e contaron coa participación de artistas internacionais, como o arxentino Diego Beyró, e futuras artistas relevantes da escena creativa galega grazas á colaboración coa EASD Ramón Falcón.
Exposicións 2025 Vello Cárcere:
- Blanca Cenalmor - pintura
- Alvaro Lamas - fotografía
- Lyuvomir - escultura
- Ana Fernández - escultura e pintura
- Roberto Castro Agra - Pintura
- Expo de Pepe Carreiro - debuxante cómico galego - de Galiza Cultura
- Máscaras de entroido portugal - escultura - contacto Elena Freire da USC
- Secretariado Xitano - paneis informativos historia do pobo xitano
- Grabados de Nestor Goyanes sobre emigración - Grabado - Xan Leira Oniel - pintura
- OLLADAS, do Consello da Cultura Galega - paneis sobre patrimonio material e inmaterial Javier Bello - escultura e pintura
- Xosé Couso - pintura
- Andrea Prado Rielo - fotografía
- Pablo del Valle - pintura
- Diego Beyró - pintura
- Exposición colectiva de fotografía - contacto Germán Limeres
- Exposición colectiva de pintura - artistas de diferentes nacionalidades
- Paco Pestana - escultura e textos - comisaria Cristina Carballedo
- Escola Ramón Falcón
Exposicións 2025 - MIHL
- Xoan Vila - escultura madeira
- Expo realidade virtual - Silvia Sánchez
- Noa Persán - Pintura
- Inazio Abrau - escultura madeira