Lugo desfrutará do jazz esta fin de semana

LugoXa
Tralooéxito do ano anterior onde os veciños de Portomarín amosaron a unión na #LoitaContraAViolenciaDeXénero
sala tebras 500
22 sep 2021

O público lucense poderá desfrutar esta fin de semana dunha nova cita co jazz e que inclúe catro concertos, charlas, ceas e coloquios entre o venres 24 e o domingo 26.

O certame terá como escenarios a Sala Tebras, o auditorio Caldiae e o restaurante Vexetarian. Comeza o venres coa charla O jazz no século XXI: tradición en transición, a cargo do crítico musical Mario Benso (20.30 horas), seguida dunha cea-coloquio (22.00 horas) e do concerto de Baldo Martínez Trío (00.00 horas). O sábado haberá unha cea-concerto con Foolmakers (22.00 horas) e actuará Nani García Trío (00.30 horas); e o domingo pechará a programación Ariel Brínguez Quinteto (20.30 horas).

VENRES 24

  • 20.30 horas. Charla de Mario Benso, O jazz no século XXI: tradición en transición. Auditorio Caldiae. 
  • 22.00 horas. Cea-Coloquio Mario Benso. Restaurante Vexetarian. Ata completar aforo. 
  • 00.00 horas. Concerto de Baldo Martínez Trío, na sala Tebras.

SÁBADO 25

  • 22.00 horas. Cea e Concerto Foolmakers no restaurante Vexetarian.
  • 00.30 horas. Concerto Nani García Trío.

DOMINGO 26

  • 20.30 horas. Concerto Ariel Brínguez Quinteto.
sant jazz lugo 2021
0.1657190322876