Lugo e Becerreá alzan a Copa Deputación

LugoXa
A SD Becerreá alzaba a Copa Deputación logo dun encontro contra o Iberia CF, mentres que as rapazas do CD Lugo facíano vencendo ao SD Antas
futbol campo balon
futbol campo balon
20 jun 2022

Fin da Copa Deputación e a SD Becerreá puido alzala nunha final contra o Iberia CF en Sarria. O campo da Ribela puido ver impoñerse ao equipo da montaña sobre o mariñan nun 1-3 que da a vitoria ao Becerreá tras case corenta anos de historia.

Despois da decepción da liga, quedando a dous puntos do ascenso, a SD Becerreá fíxose con esta final logo dun tenso partido que contou cos seareiros dos dous equipos. O equipo chegaba ao descanso dous puntos por riba do Iberia, que marcaba o punto da contrapartida no minuto 77 ao que, ao minuto 90, respondían os da montaña co terceiro gol, obra de Daniel.

FEMININO

Pero a Copa Deputación non só deixou bo sabor de boca na Montaña. O CD Lugo feminino vencía ao SD Antas no estadio da Ribela nunha reñida final. As rapazas de Joaquín Blanco conseguiron remontar á metade do partido, despois de que as ulloás meteran dous puntos nos primeiros minutos de partido.

A final foi intensa durante todo o tempo de xogo, comezando cun gran traballo do SD Antas que marcaba no minuto 3 e no 17, grazas a Noelia e Nuria. No 36’ eran as mulleres do Lugo quen daban a volta ao marcador cun gol de Paula, ao que seguía un gran traballo de Lucía, no minuto 68 e remataba Paula, de novo, a poucos minutos do final (82’) que lle daba o título provincial, por primeira vez, ás albivermellas.