Lugo estrea mural de Lolita Díaz
Lugo pon en valor a figura e obra da pintora e profesora coruñesa Lolita Díaz Baliño quen, xunto con Carmen Corredoyra, se converteu na primeira muller en ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes. Para iso, Ana Santiso elaborou un mural coa súa figura no campus universitario de Lugo.
A imaxe desta muller galega pioneira no eido da cultura súmase á de Rosalía de Castro, obxecto doutro mural elaborado por Concepto Circo co obxecto de poñer en valor a figura e a obra das protagonistas retratadas.
Lolita Díaz Baliño, pioneira en Galicia no eido da cultura pictórica e tía de Isaac Díaz Pardo, e Rosalía de Castro, precursora e referente da escrita en lingua galega, considerada tamén entre as grandes poetisas da lingua española do século XIX, espallan a súa pegada a través destes murais á comunidade universitaria luguesa.