Lugo expón unha mostra fotográfica no centro

LugoXa
Continúa exposta a mostra fotográfica Fillos de Breogán. A exposición está ubicada nas ventás do Círculo das Artes da rúa Bispo Aguirre.
exposicion fillos breogan bispo aguirre
7 Ago 2021

Continúa exposta a mostra fotográfica Fillos de Breogán. A exposición, ubicada nas ventás do Círculo das Artes da rúa Bispo Aguirre, forma parte das actividades previstas no festival de arte urbano Culturban para mostrar a obra das e dos artistas locais, que están a ser premiados, nomeados ou apoiados polo seu talento e proxección en distintas partes do mundo.

Alejandro Real é o autor desta exposición que mostra unha viaxe ao pasado a través dos rostros de galegos que posúen uns trazos característicos do centro e norte de Europa. Trazos que trouxeron consigo os pobos que habitaron estas terras hai máis de 1.500 anos e que hoxe en día se conservan especialmente nas zonas máis illadas do rural.

Así pois, a exposición está organizada pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto co Espazo LUPA Arte, e conta coa colaboración do Circulo das Artes

Culturban

A segunda edición do Culturban contará co II combate de pintura mural, onde participarán 10 muralistas que se seleccionarán segundo a súa traxectoria artística. O Combate Mural terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 21, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300 euros.

exposicion fillos breogan bispo aguirre lugo
0.19409704208374