Lugo homoxeneíza os niveis de protección do patrimonio catalogado
Trasladouse na sesión do Pleno celebrado onte, a conformidade amosada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural á homoxenización formulada polo Concello para conciliar os niveis de protección que recolle o PEPRI, o Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior do Recinto Amurallado, cos requirimentos da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.
Lugo convértese así, no primeiro gran Concello da Comunidade Autónoma en superar este trámite co que o Concello de Lugo non só persegue axilizar a tramitación e concesión das licenzas para actuacións que se poidan ver afectadas por este Plan, senón tamén ofrecer maiores garantías aos seus promotores.
Na procura dese obxectivo, o Servizo Municipal de Arquitectura elaborou un informe xustificando a equiparación entre os catro tipos de protección que cómpre ter en conta nas intervencións de conservación, restauración, readaptación, reestruturación e ampliación que resultan autorizables dentro do ámbito do PEPRI e os tres niveis de salvagarda que recolle a normativa autonómica ao respecto.
Gracias a esto, a Administración local poderá abordar cunha maior dilixencia procedementos urbanísticos que, por algunha razón, afecten a elementos arquitectónicos ou paisaxísticos catalogados, de obrigada supervisión por parte da administración galega.